O mércores celebramos o día das Letras Galegas, para iso coloreamos unha tarxeta de Valentín Paz Andrade e ademais o centro repartiu a cada clase unha larpeira con 25 poemas, un para cada neno/a. Resultou moi gracioso posto que aínda que insistín que o doce era do cole todos os pequechos non me creron e dicían que era a miña tarta do cumple posto que ese mesmo día a profe chegou ao cuarto de século... puf... 25 anazos!!!