O venres rematou o cole e para celebralo viñemos tod@s moi guap@s. Ademais, vivimos unha xornada moi intensa xa que fixemos unha gran festa xunto cos nen@s de 3 anos C. Comemos chuches, gusanitos, patacas fritas, pelotazos, napolitanas, galletiñas... e unha vez fartos puxémonos a "destrozar" a clase, jaja. E como non, entre tanto nen@ era raro que non houbese algunha pelexa polo que tamén houbo algún que outro choro.