domingo, 28 de octubre de 2012

OS COCOS

Durante esta semana estivemos experimentando cos froitos das palmeiras: os COCOS.
Puxémonos mans á obra:
- Vaciamos a auga dos cocos.
- Tod@s probamos a súa auga aínda que non nos gustou moito.
- O profe Víctor, coa axuda dun martelo, rompeunos os cocos.
- Probamos a súa pulpa.
- Degustamos unhas cocadas riquísimas que nos fixo a mamá do profe Víctor (mil grazas).
- Comemos iogur de coco.
- ...
En definitiva, que foi unha semana dedicada ao coco.
Como mestra, estou moi contenta de que todos os nenos e nenas probaran de todo aínda que non lles soubera.