domingo, 17 de noviembre de 2013

RECIBIMOS A MENCIÓN ESPECIAL POLA NOSA CURTAMETRAXE

O venres, a profe Verónica máis eu, xunto con algúns nen@s e familiares, asistimos á entrega dos premios de Nós tamén creamos!, celebrada no Museo Pedagóxico Galego de Santiago de Compostela.

A nosa curtametraxe "A noite das mudanzas" recibiu unha mención especial pola expresividade e a espontaneidade lingüistica, así como pola composición estética.

O acto foi presidido polo Conselleiro de Educación (Xesús Vázquez Abad), a directora da Televisión de Galicia (Rosa Vilas), o Secretario Xeral de Política Lingüística (Valentín García), o Subdirector Xeral de O.U. e Innovación Educativa (Manuel Vila) e a representante de OQOeditora (Eva Mejuto).

Da presentación do acto encargáronse Os Sete Magníficos máis Un, un dúo de actores que habitualmente se poden ver no programa Luar.

Penso que foi unha experiencia diferente e bonita tanto para min como para os pequech@s.


                                          Fotografía co Conselleiro de Educación


                                                          Mesa presidencial


                                                     Os presentadores do acto


Tivemos moi bo recibimento: deixáronnos subir a tod@s ao escenario, a Editorial OQO regalounos un lote de libros, a TVG tamén nos entregou un agasallo que abriremos mañá todos xuntos na aula... e a profe Verónica máis eu tamén lles mercamos un afialapis a cada neno/a para que lles quede de recordo.


Agora amosámosvos o vídeo que saíu no telexornal mediodía, no que se ven algúns dos nosos pequechos e diferentes fotografías que nos sacou a mamá de Adrián (cando eu estaba no escenario).









Por último dicir que ... OS NOSOS PEQUECHOS PORTÁRONSE FENOMENAL, ATA O CONSELLEIRO QUEDOU SORPRENDIDO!
De feito, nesta imaxe estoume rindo con el porque preguntoume que qué lles prometera para que estivesen tan caladiños, tan ben sentados e atentos. 



Familias, foi todo un pracer poder contar con vós.