De todos eles seleccionamos os 25 que consideramos máis orixinais e bonitos e asignamos un cada neno/a.
O xoves saíu no xornal a seguinte noticia.
Tivemos moita sorte e o debuxo de Alberto acadou o 1º premio, o debuxo de Mateo Lema o 2º premio e un dos cinco accésits recaeu en Antía.
Noraboa pequech@s!
As familias dos 3 agraciados vannos traer parte do premio para a aula para que todos o poidamos desfrutar polo que llelo agradezo moito.
Este sábado moitos de nós xa nos veremos na entrega de premios!
Aquí vos amosamos algunhas das 25 postais que presentamos ao concurso do Concello de Carballo.
Fáltame a foto de 5 delas (algunhas das que presentamos ao concurso do colexio). (Esquecéuseme sacárllela).
Pronto saberedes cales delas foron as agraciadas!!!
Para min todas teñen o seu encanto.