domingo, 16 de marzo de 2014

A EXCURSIÓN AO MONTE

O mércores puxemos katiuskas, gorras e marchamos para o monte. Non era un monte calquera... era o "BOSQUE DOS CONTOS".

Previamente á saída, na aula, coloreamos e explicamos o itinerario que deberíamos seguir para ir polo camiño correcto xa que por alí tamén estaba... a casiña de chocolate...a casiña da bruxa regañadentes...a casa do lobo de carapuchiña vermella...a casa do gato Pelado (do conto Cocorico)... o camiño da mina... e non nos podiamos equivocar de camiño!!!

No monte vimos un dos carballos máis vellos da zona... plantamos o noso carballo... atopamos pegadas do lobo (jeje), merendamos entre piñeiros, castaños e carballos... e rematamos a saída atopando un dos tesouros da mina: moedas de chocalate que aínda nos andamos preguntamos de quen serían...

Penso que o pasamos tod@s moi ben!!!

                                                    Aquí vemos a Pablo todo equipado
                                                                    (co mapa, coas botas, gorra...e ata un pau)