lunes, 23 de febrero de 2015

"LOBOFEROZ" E "A POTA QUE TROTA"

Continuamos co Taller de Cantos e Contos.
Traballamos con dous contos da Editorial OQO.
Aquí vos van unhas imaxes.

"A POTA QUE TROTA"
Un rei ambicioso e ruín que pasa as horas contando as súas riquezas; un home e unha muller máis pobres que as arañas; unha aldea de labregos enganados polo monarca; e unha pota que vai dun sitio a outro apañando e repartindo entre os máis desfavorecidos o que, en xustiza, lles corresponde.
—Que comerá o rei?
—Comerá comerá...  

                         Os personaxes fíxenos con botellas de iogur e a pota con barro.


"LOBOFEROZ"

Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…



                            O lobo fíxeno cun calcetín e as marionetas de dedo con feltro